2.Marionetas: Como na actividade
anterior, os rolos de papel hixiénico tamén poden utilizarse para crear e
inventar distintas marionetas, que completarán as historias contadas e
representadas na aula ou no fogar. Precisaremos un número indeterminado de
rolos, en función das marionetas que se queiran construír, e pinturas de
diferentes tipos (témperas, rotuladores, ceras, pinturas de madeira …).
3.Prismáticos: Outra nova actividade, que axudará aos máis pequen@s a centrar a súa
atención e perfeccionar a súa observación, pode ser a xeración de prismáticos
para ollar directamente a realidade e contorna. Para a súa elaboración,
precisaremos dous rolos de papel hixiénico, un anaco de fío o la, pinturas de diferentes
tipos, cartolinas de cores ou goma-eva. Dicir, novamente, que o deseño de cada
prismático é persoal de cada alumn@. Dous exemplos poden ser o seguintes:
4.Técnicas
artísticas: Neste caso, necesitaremos rolos de papel hixiénico; tesoiras; un soporte,
que pode ser un folio ou unha cartolina branca;
e témperas de cores. Así, en primeiro lugar, colleremos cada rolo de
papel e, por un extremo, cortarémolo dándolle a forma que desexemos. A
continuación, mollaremos ese mesmo extremo en pintura e debuxaremos formas no
soporte, de maneira que os nen@s experimenten tanto coas cores como co útil que
están a usar. Para que esta explicación resulte sinxela, aquí dous exemplos:
5.Construcións: O desenvolvemento
deste xogo necesitará rolos de papel hixiénico varios (un número indeterminado),
unha tesoira e cores como témperas, rotuladores ou ceras (este último recurso é
opcional, pero si recomendable para que os alumn@s se motiven). Primeiramente e
logo de pintar (se así se desexa) cada rolo de papel, deberá collerse a tesoira
e, en cada un dos seus extremos, facer un recorte pequeno. Levarase a cabo esta
mesma acción nos outros rolos de papel, de xeito que poidan unirse polos seus
extremos formando construcións irregulares.
6.Circuíto: Aquí necesitaremos rolos de
papel, cores, un soporte vertical como pode ser unha tablilla de madeira ou
mesmo unha cartolina grande (A2), cola branca, bolas dun tamaño medio e un
recipiente. Así pois, primeiramente os nen@s colorearán os rolos de papel como
desexen; seguidamente, pegaranse no soporte seguindo unha liña recta ou curva
(segundo se queira); e por último, tamén se pegará o recipiente que recollerá a
bola ó final do circuíto. Unha vez feitas estas actuacións, introducirase no
rolo de papel hixiénico inicial a/as bola/s que deberá/n recorrer a construción
inventada chegando ó recipiente.
Este mesmo circuíto pode incluso valer para crear unha
máquina de sumar e restar, importante para traballar a lóxica-matemática no
alumnado de Educación Infantil do último curso (5-6 anos).
7.Sementes: Os rolos de papel
hixiénico tamén poden ser interesantes para albergar no seu interior plantas de
diversas formas. Cun pouco de terra, que será introducida no rolo de papel con
axuda dunha pala pequena, e sementes de lentellas, chícharos, garbanzos ou doutro
tipo de legume, os máis pequen@s poderán familiarizarse directamente cos
coidados que precisa un ser vivo.
8.Cores: Para traballar a discriminación e clasificación de
cores, así como a motricidade fina, pode ser interesante o desenvolvemento
desta tarefa. Para ela, necesitaremos rolos de papel, cores e pompóns ou
boliñas de papel de cores. A súa evolución comezará cando os alumn@s pinten os
rolos de diferentes tonalidades e, a continuación e unha vez secos, introduzan
no seu interior as bolas de papel ou os pompóns da mesma cor. Aquí un exemplo:
9.Series: Cortando un rolo de papel hixiénico pola metade, logo de pintalo ó gusto
de cada nen@, pode crearse unha serie de cores, de números ou de letras. Para
iso, precisaremos os rolos de papel, cores e un fío ou lá. Inicialmente, esta
serie pode partir de dous elementos para
despois, progresivamente, ir introducindo máis.
10.Números: Outra opción é aprender a serie numérica con este instrumento. Con rolos
de papel pintados de distintas tonalidades e pompóns ou bolas pequenas de papel
de cores, os nen@s poden clasificar estes elementos en función do seu número.
Este é un exemplo claro:
No hay comentarios:
Publicar un comentario