domingo, 17 de mayo de 2020

17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS (PARTE III)

Seguindo con esta conmemoración tan especial que estamos a celebrar no día de hoxe, imos a rescatar neste post un documento dos Bolechas onde se nos aproxima a historia do nacemento  de Scórpio e mais da súa nai Antónia. 
Lembrar que Scórpio é unha das numerosas novelas de Ricardo Carvalho Calero, neste caso publicada no ano 1987 a través de Sotelo Blanco Edicións. e que contén capítulos de 2, 3 e 4 páxinas que revelan as experiencias levadas a cabo por este protagonista ao longo da súa vida. 



Partindo entón da obra, Os bolechas quixeron conmemorar esta festividade facendo unha edición especial sobre Carvalho Calero que fose totalmente accesible para os máis pequen@s. Pepe Carreiro , en colaboración coa Caixa Rural Galega, a Deputación de Ourense, a Real Academia Galega e a Xunta de Galicia, foi o encargado de levar a bo termo esta decisión e este é o resultado:














Ademais, no seguinte enlace tamén se recollen unha serie de actividades, propostas e recursos para traballar neste día tan "atipíco" das Letras Galegas 2020, e que poden ser recomendables de trasladar ó alumnado: https://aulasgalegas.org/especial-letras-galegas-2020-ricardo-carvalho-calero/

No hay comentarios:

Publicar un comentario