miércoles, 13 de mayo de 2020

MANUALIDADES CON BOTELLAS DE PLÁSTICO

1.Bolos: Para esta primeira actividade, necesitamos o recurso estrela deste post, botellas de plástico (a poder ser de gran tamaño), unha bola e témperas de cores para decorar as botellas de distintas tonalidades se así se desexa. 
Logo, unha vez pintados estes elementos, colocaranse de forma piramidal, é dicir, en primeiro lugar unha botella, a continuación dúas, despois tres ... e así sucesivamente. A seguinte imaxe pode ser un claro exemplo desta manualidade que facilitará ós alumn@s momentos divertidos e lúdicos en compañía. 




2.Aros: Como na actividade anterior, aquí tamén precisamos botellas de plástico, aros e témperas de diferentes cores para decorar as botellas se, novamente, así se se desexa. 
Con estes recursos, unha vez decoradas as botellas, os nen@s deberán intentar encestar cada aro en cada botella, intentando non tirala ó chan. Por suposto, é recomendable que os alumn@s non se afasten en exceso das botellas, facilitando así que o exercicio teña o éxito esperado, especialmente os cativ@s de 3 anos. 
Incluso poden establecerse pequenos premios en función da botella na que se enceste o aro.




3.Maceteiro decorativo: Cortando unha botella de plástico pola metade, os alumn@s poderán inventar un maceteiro para cultivar as súas propias plantas. Para elo, aparte deste elemento, os cativ@s necesitarán pinturas como poden ser témperas, ceras ou rotuladores, terra, unha pala de tamaño pequeno e sementes (lentellas, xudías, chícharos ...). Estes son dous exemplos simples:




4.Maracas: Para crear melodías, os estudantes poden inventar este recurso cunha botella de plástico de tamaño pequeno (tamén pode empregarse dun tamaño maior, pero resultará máis pesada) e mais distintos elementos sonoros. Entre estes últimos podemos incluír botóns, arroz, lentellas, anacos de pinturas de refugallo, clips ou pedras. 
Por suposto, dicir que á hora de inventar as maracas, os nen@s deberán estar´vixiados en todo momento por un ou por varios adult@s para evitar todo tipo de atragantamentos innecesarios. 



5.Hucha: Con axuda de pinturas, un cúter e unha botella de tamaño medio colocada de xeito horizontal, os estudantes poderán construír este instrumento para gardar as súas moedas. 
Entón, primeiramente, os nen@s poderán decorar a súa hucha persoal da forma que queiran con rotuladores, témperas, cartolinas ou goma-eva de distintas cores. Despois, un adult@, nun dos seus extremos, deberá facer un corte pequeno para que se poidan introducir as moedas no interior da botella. Estes son dous exemplos:




6.Espirais: Nesta tarefa necesítanse unha tesoira, lá ou fío e, a poder ser, botellas de plástico de diferentes cores entre sí. Os adult@s, se os cativ@s aínda teñen idades moi temperás, serán os encargados de cortar este recurso de xeito espiral-curvo, para que logo, el@s mesmos sexan os responsables de colgalos progresivamente na la ou no fío. 
Para que estas palabras resulten máis facilmente comprensibles, a continuación amósanse dúas imaxes para a súa realización:




7.Peixe: Para esta actividade, precísanse pinturas, botellas de plástico e moita forza. Así, deberá collerse unha botella case polo final e facer forza para intentar xuntar ambos extremos. Despois, a parte máis amplia da botella e que se corresponderá coa parte inicial deberá "aplastarse" coa man para facela máis ancha. Unha vez que xa teñamos "dúas partes" claramente diferenciadas e similares á morfoloxía dun peixe, cada alumn@ poderá decorar o seu peixe da maneira que queira e cos recursos que desexe. 




8.Contenedores: Para favorecer a reciclaxe nos máis pequen@s e a súa importancia, os cativ@s poden crear contenedores para reciclar todo tipo de elementos, como tapóns ou papeis. Polo tanto, para o desenvolvemento deste exercicio, precísanse botellas de plásticos de tamaño grande, un cúter e distintos instrumentos decorativos tales como cartolinas, goma-eva ...
En primeiro lugar, un adult@ será o encargado de cortar un anaco pequeno da botella polo seu centro para facilitar a entrada de residuos no seu interior (o oco a cortar dependerá do tipo de lixo que se desexe introducir). A continuación, o nen@ poderá decorar o contenedor da forma que queira. 




9.Lámpada de lava: Neste caso, necesitamos unha botella de plástico, auga, aceite, dúas pastillas efervescentes e colorante alimentario dunha cor determinada. 
Inicialmente, debemos botar na botella auga e aceite. A continuación, debemos botar tres gotas de colorante alimentario e, seguidamente, as dúas pastillas efervescentes. Desta maneira, observaremos como o aceite e a auga non reaccionan xuntos, senón que se mostran independentes formando unha auténtica lámpada de lava. Para acompañar a actividade, podemos valernos dunha luz externa, como a facilitada por un móbil, para mirar máis atentamente como se forman as burbullas propias da pastilla efervescente. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario