Para seguir traballando a motricidade fina, o razomamento e tamén a orientación espacial, a continuación amósanse unha serie quebracabezas (puzzles) para que os nen@s identifiquen distintos elementos propios da primavera, com poden ser unha bolboreta, flores ou paxaros.
A súa realización é moi sinxela, pois primeiramente deberemos dar ás dúas frechas da esquerda para mover o puzzle e desfacelo. Logo, para colocar a pantalla completa, é recomendable darlle ó botón situado abaixo de todo á dereita. Por último e para que os máis pequen@s teñan unha pista da imaxe, tamén abaixo pero á esquerda, hai o icono dunha pantasma; preméndoa aparecerá a fotografía para guiar ós alumn@s.
No hay comentarios:
Publicar un comentario