martes, 19 de mayo de 2020

EXPERIMENTOS (PARTE I)

A continuación, preséntanse cinco experimentos divertidos e creativos para facer cos nen@s e así aproveitar esta situación que estamos a vivir. Son exercicios sinxelos, que precisan de poucos recursos e materiais e que motivarán a curiosidade e a imaxinación infantil. Axudan e potencian accións necesarias nos máis pequen@s como a motricidade, a capacidade creativa, a atención e observación. 
Son os seguintes:

1.Neve artificial: Para esta actividade precisamos 3 vasos de bicarbonato de sodio, 1 vaso de auga fría e un bol para facer a masa. 
En primeiro lugar, debemos introducir o bicarbonato de sodio na cunca e pouco a pouco e sen deixar de remover, ir engadindo a auga fría, de xeito que vaia formándose unha masa progresivamente homoxénea. Con ela, os nen@s poderán desenvolver distintas accións como o xogo libre e simbólico, trasvases ou clasificación de cantidades. 
Ademais, esta neve artificial non ten porque ser branca, senón que tamén se pode empregar colorante alimentario de diferentes cores para que o resultado final teña distintas tonalidades. 





2.Ovo saltarín: Neste caso, necesitamos un ovo, un bote de cristal con tapa e vinagre. 
Primeiramente, collemos o bote de cristal e enchémolo de vinagre practicamente ata a súa superficie. A continuación, introducimos o ovo, cerramos o recipiente coa tapa e deixámolo reposar alí durante dous ou tres días. Unha vez pasado este tempo, comprobaremos que o ovo é totalmente flexible e que non se rompe. 






3.Ovos de cores: Nesta tarefa necesitamos 2 ovos cocidos, 2 vasos de cristal, 2 colorantes alimentarios de cores diferentes, vinagre e auga. 
Primeiramente, vertemos a auga, que ten que estar a temperatura ambiente, nos dous vasos de cristal; despois, debe engadirse unha culler grande de vinagre en cada vaso; seguidamente, botamos nos recipientes un pouco de colorante alimentario de cada cor e removemos con axuda dunha culler ou un palillo (a máis cantidade de colorante, máis viva será a cor); finalmente, introducimos en cada vaso un ovo e esperamos 10-15 minutos. O experimento rematará observando os dous ovos perfectamente coloreados e cos que se poderán facer un gran número de actividades. 





4.Flores de cores: Para este exercicio necesitamos flores brancas, un recipiente con auga (pode ser un vaso), colorante alimentario e un coitelo. 
Así, inicialmente debemos botar dous ou tres dedos de auga no recipiente, ó que se sumará o colorante alimentario da cor que se que se queira (a máis cantidad, maior será a tonalidade). Despois e con axuda dun coitelo, cortaranse as flores brancas e introduciranse no recipiente con auga e colorante alimentario, recipiente que deberá situarse preto dunha ventá na que penetre suficiente luz natural. Este último paso debe facelo un adulto/a para evitar danos ou cortes totalmente innecesarios.  E por último, debemos esperar 2 ou 3 días para ver os resultados.
Con esta actividade, os máis pequen@s poderán comprobar como é o proceso de fontosíntese das plantas e flores a través da observación e do análise. 






5.Slime: Aínda que hai moitas formas de facer slime caseiro, neste caso imos a facer unha das receitas máis sinxelas e que necesita recursos facilmente atopables no fogar. Polo tanto, necesitamos xabón para lavar as mans, media taza de pegamento/cola branca, 1 taza de bicarbonato de sodio, colorante alimentario, auga e un recipiente mediano.
Para empezar, debemos mesturar o pegamento cunha culler de xabón para fregar a louza, e logo deben engadirse tres culleres de auga e comezar a remover. Cando a masa empece a formar espuma, debe sumarse o colorante alimentario e a taza de bicarbonato de sodio, movendo a masa en todo momento ata que quede sólida pero flexible ó mesmo tempo. 



Por suposto, para a realización de todas estas actividades, é recomendable a presenza dun adulto/a en todo momento para controlar a situación e evitar danos totalmente innecesarios. En idades temperás, a súa presenza resulta obrigatoria. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario