jueves, 7 de mayo de 2020

XOGO EU NON TOCO NADA!

Modo de participación: Do 11 ata o 24 de maio, os participantes deberán cumprir nas súas saídas as normas do estado de alarma. É dicir, non tocar farolas, fachadas de casas, bancos, papeleiras, manter a distancia social de seguridade con outras persoas e lavarse moi ben as mans unha vez que se chegue á casa. Se os participantes compren ben todas estas peticións, poderán gañar unha "medalla" en cada unha desas accións e que corresponderá con este pictograma. Este deberá recortarse e pegarse no panel de control que aparecerá case ó final desta entrada. 

Entón, se os participantes conseguen cada día todas estas "medallas" e, por conseguinte, fixeron adecuadamente todas as normas do estado de alarma, poderán conseguir esta nova medalla que deberá colocarse tamén no panel de control. O pictograma é o seguinte: 
Logo, os participantes, se teñen todas estas medallas, ó finalizar estas dúas semanas alcanzarán un premio en forma de actividade en familia, que o propio nen@ pode pensar e propoñer aos seus pais. Tamén, se todo se fixo axeitadamente, os cativ@s recibirán un diploma especial, polo seu bo facer na rúa respectando todas as normas vixentes de seguridade e garantindo a saúde de tod@s!

O panel de control da 1ª semana é o seguinte:



O panel de control da 2ª semana é o seguinte:



As medallas para poñer en cada acción feita son as seguintes (xa aparece todas):


O diploma é este:





Bibliografía consultada:


No hay comentarios:

Publicar un comentario