jueves, 21 de mayo de 2020

PROPOSTAS PARA TRABALLAR O NOME

A continuación, propóñense 10 actividades con recursos facilmente atopables no fogar para traballar a grafía e a posición das letras do nome propio. Poden ser un bo recurso do que "botar man" antes de iniciar aos máis cativ@s na súa escrita, pois potencian a orientación espacial, a motricidade manual e fina dos dedos ou o recoñecemento sinxelo das vogais e consoantes, entre outras actuacións.
Así, temos os seguintes materiais:

1.Tapóns de botellas: Con axuda deste instrumento e mais dun rotulador co que escribir cada letra, os nen@s poden construír o seu propio nome. Recoméndase, iso si, que o exercicio vais acompañado do nome escrito nun folio ou cartolina para guiar a colocación axeitada de cada letra/tapón.



2.Papeis de cores: Para o desenvolvemento deste exercicio precisaremos o nome escrito nun tamaño grande nun soporte como pode ser unha cartolina ou un folio, papeis pequenos de diferentes cores e  pegamento. Deste xeito, o alumn@ deberá ir pegando eses papeliños en cada unha das letras formando o seu propio nome.



3.Plastilina: Neste caso, o nen@ unicamente necesitará o seu nome escrito tamén nun folio ou cartolina e plastilina para intentar repasalo. Un exemplo claro pode ser o seguinte:




4.Letras imantadas: Como nas tarefas anteriores, para a evolución deste xogo soamente se necesita o nome escrito para ter unha referencia visual do mesmo, un panel e letras imantadas. Así, tendo o nome como referente, o alumn@ debe buscar as súas letras e colocalas axeitadamente. 



5.Pinzas da roupa: Empregando este recurso doadamente sinxelo de atopar na casa, o infante pode construír o seu nome tendo, como no caso anterior, as letras do mesmo escritas como referente. Por suposto, cada pinza tamén deberá ter escrita unha letra distinta con rotulador permanente, para que non poidan borrarse. 




6.Coches de xoguete: Con axuda dunha cartolina branca dun tamaño A3 onde estea escrito o nome do nen@, est@ poderá repasalo cun coche de xoguete como se estiveran a seguir un determinado traxecto. 


7."Quebracabezas": Para esta actividade necesitamos o nome escrito novamente e papeis pequechos que conteñan as letras do abecedario. Estas últimas introduciranse dentro dun bol ou dunha caixa facilmente accesible para os máis pequen@s. 
Así pois, unha vez que o nen@ xa observe o seu nome e identifique as súas vogais e consoantes, deberá meter as mans no bol buscando as letras e así construír autonomamente o seu nome debaixo. Estas imaxes son dous exemplos:



8.Fariña: Nunha bandexa con fariña, terra ou area os alumn@s poden experimentar con estes recursos non educativos para escribir o seu nome. Como en todos os exercicios anteriores, nesta ocasión tamén resulta importante e recomendable que exista o nome escrito como referente. 



9.Texturas: Para o desenvolvemento desta actividade poden ser útiles infinidade de recursos tanto educativos como non educativos, tales como follas, flores, fieltro, rotuladores que marquen o contorno ou papeliños. Entón, unha vez que este escrito o nome con todos estes materiais, os nen@s poden tocalo discriminando e diferenciando entre as súas letras. 



10.Fichas: Aquí inclúense fichas sen pauta e con pauta que axudarán aos máis pequen@s a aprender a escribir o seu nome. 



BIBLIOGRAFÍA CONSULTADA:

No hay comentarios:

Publicar un comentario