viernes, 29 de mayo de 2020

PROPOSTAS PARA TRABALLAR AS VOGAIS

Como complemento ás fichas/imaxes das vogais xa sinaladas e cuxos enlaces son os seguintes,

https://actividadesinfantill.blogspot.com/2020/05/fichas-con-vogais.html
https://actividadesinfantill.blogspot.com/2020/05/fichas-para-traballar-as-vogais.html

a continuación preséntase unha nova proposta, neste caso con axuda da APP Genially, para facer desta aprendizaxe un momento divertido e motivador para os máis pequen@s.

miércoles, 27 de mayo de 2020

PAUTAS PARA O COVID-19 NOS CENTROS (ARASAAC)

Tendo en conta a situación que estamos a vivir co COVID-19, o portal ARASAAC ofrece os seguintes recursos e pictogramas para que os máis cativ@s entendan como teñen que comportarse e actuar unha vez que se incorporen ás aulas. Son condutas e pautas sinxelas, que deberán respectarse en todo momento, para garantir a necesaria inmunidade colectiva que tod@s precisamos. 
Polo tanto, deben situarse en lugares apropiados e estratéxicos da escola, para que sexan facilmente visibles para todos os alumn@s, e explicarse tantas veces como se considere necesario para potenciar a súa comprensión.



REFERENTES WEB CONSULTADOS:
http://www.arasaac.org/materiales.php?id_material=2644
http://www.arasaac.org/materiales.php?id_material=2646

FICHAS PARA TRABALLAR AS VOGAIS

Para seguir afondando na lecto-escritura, a continuación preséntanse unha serie de fichas/imaxes para traballar máis directamente as vogais do alfabeto e que poden servir para todos os alumn@s do 2º ciclo de Educación Infantil. Son as seguintes:
1. LETRA A 

2. LETRA A

3. LETRA A

4. LETRA A

1. LETRA E

2. LETRA E

3. LETRA E

4. LETRA E

1. LETRA I

2. LETRA I

3. LETRA I

4. LETRA I

1. LETRA O

2. LETRA O

3. LETRA O

4. LETRA O

1. LETRA U

2. LETRA U

3. LETRA U

4. LETRA U

domingo, 24 de mayo de 2020

CONCEPTOS ESPACIAIS BÁSICOS (PARTE II)

Como complemento ás fichas dos conceptos espaciais de encima/debaixo, aberto/pechado ou dentro/fóra, preséntanse aquí dúas propostas para seguir abarcando este estudo con actividades sinxelas e facilmente comprensibles. A aplicación dixital utilizada para a súa creación foi Genially.


viernes, 22 de mayo de 2020

CONCEPTOS ESPACIAIS BÁSICOS (PARTE I)

Para traballar co alumnado de 3 anos os conceptos básicos de enriba/debaixo, aberto/pechado ou dentro/fóra, preséntanse neste post unha serie de fichas que poden axudar aos máis cativ@s a interiorizar todas estas nocións. 
Por suposto, antes da realización das mesmas recoméndanse facer todo tipo de actividades de observación e de manipulación previamente, para que este coñecemento se integre máis profundamente nas mentes infantís. 

Ficha nº 1

Ficha nº 2

Ficha nº 3

Ficha nº 4

Ficha nº 5

Ficha nº 6

Ficha nº 7

Ficha nº 8


Ficha nº 9

BIBLIOGRAFÍA CONSULTADA:

jueves, 21 de mayo de 2020

PROPOSTAS PARA TRABALLAR O NOME

A continuación, propóñense 10 actividades con recursos facilmente atopables no fogar para traballar a grafía e a posición das letras do nome propio. Poden ser un bo recurso do que "botar man" antes de iniciar aos máis cativ@s na súa escrita, pois potencian a orientación espacial, a motricidade manual e fina dos dedos ou o recoñecemento sinxelo das vogais e consoantes, entre outras actuacións.
Así, temos os seguintes materiais:

1.Tapóns de botellas: Con axuda deste instrumento e mais dun rotulador co que escribir cada letra, os nen@s poden construír o seu propio nome. Recoméndase, iso si, que o exercicio vais acompañado do nome escrito nun folio ou cartolina para guiar a colocación axeitada de cada letra/tapón.



2.Papeis de cores: Para o desenvolvemento deste exercicio precisaremos o nome escrito nun tamaño grande nun soporte como pode ser unha cartolina ou un folio, papeis pequenos de diferentes cores e  pegamento. Deste xeito, o alumn@ deberá ir pegando eses papeliños en cada unha das letras formando o seu propio nome.



3.Plastilina: Neste caso, o nen@ unicamente necesitará o seu nome escrito tamén nun folio ou cartolina e plastilina para intentar repasalo. Un exemplo claro pode ser o seguinte:




4.Letras imantadas: Como nas tarefas anteriores, para a evolución deste xogo soamente se necesita o nome escrito para ter unha referencia visual do mesmo, un panel e letras imantadas. Así, tendo o nome como referente, o alumn@ debe buscar as súas letras e colocalas axeitadamente. 



5.Pinzas da roupa: Empregando este recurso doadamente sinxelo de atopar na casa, o infante pode construír o seu nome tendo, como no caso anterior, as letras do mesmo escritas como referente. Por suposto, cada pinza tamén deberá ter escrita unha letra distinta con rotulador permanente, para que non poidan borrarse. 




6.Coches de xoguete: Con axuda dunha cartolina branca dun tamaño A3 onde estea escrito o nome do nen@, est@ poderá repasalo cun coche de xoguete como se estiveran a seguir un determinado traxecto. 


7."Quebracabezas": Para esta actividade necesitamos o nome escrito novamente e papeis pequechos que conteñan as letras do abecedario. Estas últimas introduciranse dentro dun bol ou dunha caixa facilmente accesible para os máis pequen@s. 
Así pois, unha vez que o nen@ xa observe o seu nome e identifique as súas vogais e consoantes, deberá meter as mans no bol buscando as letras e así construír autonomamente o seu nome debaixo. Estas imaxes son dous exemplos:



8.Fariña: Nunha bandexa con fariña, terra ou area os alumn@s poden experimentar con estes recursos non educativos para escribir o seu nome. Como en todos os exercicios anteriores, nesta ocasión tamén resulta importante e recomendable que exista o nome escrito como referente. 



9.Texturas: Para o desenvolvemento desta actividade poden ser útiles infinidade de recursos tanto educativos como non educativos, tales como follas, flores, fieltro, rotuladores que marquen o contorno ou papeliños. Entón, unha vez que este escrito o nome con todos estes materiais, os nen@s poden tocalo discriminando e diferenciando entre as súas letras. 



10.Fichas: Aquí inclúense fichas sen pauta e con pauta que axudarán aos máis pequen@s a aprender a escribir o seu nome. 



BIBLIOGRAFÍA CONSULTADA: