lunes, 27 de abril de 2020

XOGOS CON VOGAIS

Para que os nen@s poidan realizar unha actividade divertida, aquí vos deixo unha serie de xogos que coido que lles poden axudar a aprender as vogais, á par que entreterse. Algunha das actividades pode que sexan complexas para el@s, pero espero que coa vosa axuda e orientación as poidan resolver sen problema ningún. 

Ademais, seguramente non se vai a ver a actividade completa na entrada do blog, polo que vos deixo aquí o enlace para pegar no navegador, e así realizalas nun formato máis amplo: https://yq5cgr9lorzhw2fzu4keba-on.drv.tw/Prueba/xogosvocais.html 


Dicirvos igualmente que estas tarefas tamén son de participación voluntaria, pois como vos dixemos tanto Emma como eu, entendemos que a situación está difícil para tod@s. Aínda así, se sacades un anaquiño, son recomendables de facer para complementar e completar as fichas de traballo.

Graciñas por todo e moito ánimo!
Biquiños para todos eses pequerrech@s 



No hay comentarios:

Publicar un comentario