A continuación, preséntanse unha serie de xogos, concretamente oito, para traballar dunha maneira divertida e lúdica os números, as figuras xeométricas as seriacións ou as clasificacións, afondando así na lóxica-matemática. A súa aplicación pode ser interesante para o inicio deste estudo e tamén como complemento ás fichas de traballo.
1.Figuras
xeométricas: Para a súa
realización, precisamos unicamente un folio. Así, co mesmo, este dobrarase de
maneira que se poidan facer formas como un cadrado, un círculo (para o que
precisaremos unha tesoira) ou un triángulo. É interesante que esta tarefa sexa
feita primeiramente polo adulto/a, para que o neno/a a faga despois de maneira
autónoma, tamén coa súa axuda, e seguindo os pasos vistos anteriormente.
2.Clasificación: Con folios e pinturas, crearemos figuras xeométricas de
distintas cores. Por exemplo, todos os círculos de amarelo, os cadrados de azul
e os triángulos de laranxa. Logo, clasificarémolos tanto por cores como por
formas. Tamén é recomendable que logo da súa clasificación, se conten cantos
triángulos, cadrados e círculos hai.
3.Seriacións: Coa figuras creadas no exercicio anterior, faremos
seriacións por cores. Por exemplo, círculo amarelo, cadrado azul, círculo
amarelo, cadrado azul … e que a continúen. Igualmente poden facerse seriacións por
formas, é dicir, círculo amarelo, círculo vermello, círculo amarelo, círculo
vermello …
4.Puzzle
caseiro: Precisamos as
figuras creadas nos dous exercicios anteriores e mais un cartón no que
marcaremos todas estas figuras. Así, os nenos/as deberán colocar a forma
xeométrica adecuada no seu correspondente lugar. Para que non haxa marxe de
erro, debemos pintar as figuras do cartón da mesma cor que as figuras de
manipulación, acción que poden levar a cabo os mesmos nenos/as con rotuladores
e témperas pedíndolles tamén, que intenten non saírse do contorno.
5.Clasificación II: Con axuda de cinco rollos de papel hixiénico,
primeiramente os nenos/as poden decoralos ao seu gusto con rotuladores e
témperas para despois, escribirlles un número do 1 ao 5. Logo, con boliñas de
papel hixiénico ou papel de cociña, os nenos/as deberán meter o número de bolas
que aparece escrito no rollo de papel hixiénico. Este é un exemplo:
6.Lentellas/garbanzos:
Tamén con estes mesmos rollos de papel hixiénico pintados e decorados, os máis
pequenos/as poden clasificar garbanzos ou lentellas en función do número de
cada rollo.
7.Números I: Aquí necesitamos
círculos ou cadrados cos números do 1 ao 5 que os nen@s deberán manipular e
entender para poñerlle o número de pinzas correspondente. Aquí un exemplo:
8.Números II: Se tedes fariña ou
azucre sobrante no fogar ou mesmamente na terra (se tedes o privilexio de poder
saír a fora), facer os números con eses recursos. É importante que os pais/nais
os fagan primeiro, explicándolles por onde empezar para que, a continuación, eles/as
o poidan realizar xa autonomamente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario