Así, en primeiro lugar, collemos un folio e dividímolo,
por exemplo, en catro partes. Logo, pedímoslle ós nen@s que pinten cada parte
dunha cor distinta e que coincida coas cores que temos. Por exemplo, colorear
un recadro verde se temos pinzas verdes. A continuación, os nen@s deberán ir
colocándoas sucesivamente na cor que corresponda facendo a presión necesaria e
traballando deste modo a motricidade fina.
Outra alternativa, se a tedes na casa e non lle
atopades utilidade, é decorar unha caixa de zapatos para que teña esta mesma
finalidade.
2.Clasificación II: So necesitamos pinzas e
clasificalas por cores e, se son de diferentes tamaños, por tamaños. Despois,
poden contabilizalas perfeccionando así a secuencia numérica e o conteo.
3. Seriación: Precisamos un folio ou unha cartolina branca, lapis de
cores e pinzas.
Polo tanto, en primeiro lugar debuxaremos círculos ou
cadrados de distintas cores seguindo unha determinada orde no folio branco. Por
exemplo, círculo laranxa, círculo azul e de novo, círculo laranxa, círculo
azul. Dicir que ó comezo do desenvolvemento desta actividade, recoméndase
empezar por dúas ou incluso tres cores para que as vaian identificando
progresivamente, así como recoñecendo que teñen que seguir unha serie de cores.
4.Nomes: Aquí novamente precisaremos un folio ou unha cartolina
branca, un rotulador permanente e, a poder ser, pinzas da roupa de madeira (se
non as tedes, valen igualmente as de cores).
Deste xeito, antes de iniciar o xogo,
escribiremos en cada unha das pinzas unha letra do nome do nen@ e mais tamén
rotularemos no folio branco o seu nome en letras maiúsculas e cun espazo de
dous dedos entre cada letra. Logo deberán identificar en cada pinza unha letra
constitutiva do seu nome que deberán relacionar coas escritas no folio.
Pode ser
recomendable, pois na clase así o faciamos, que non soamente escribades as
letras do seu nome, senón escribilas todas (se tedes acceso a 27 pinzas, por
suposto), para que así as poidan discriminar dentro dun conxunto.
5.Vocabulario: Con todos os recursos anteriores, podemos facer o mesmo
pero con elementos ou obxectos do día a día. Pero para que os cativ@s os
identifiquen, neste caso é recomendable que as palabras vaian acompañadas de
imaxes (asociación imaxe-palabra). Por exemplo, se lles pedimos que constrúan
coas pinzas a palabra “gato”, temos que acompañar esta acción cun recurso
visual facilmente recoñecible.
6.A ruleta das letras: Para realizar esta tarefa, unicamente necesitades un anaco
mediano de cartón (unha cartolina tamén vale), un compás e unha regra
(opcional), un rotulador permanente e as pinzas coas vogais e consoantes
escritas.
Así, co
cartón facedes un círculo grande para poder dividir nel 27 partes, partes que
se van a corresponder coas 27 letras do alfabeto. Entón, en cada anaco
escribides as letras sucesivas do abecedario para que os nen@s, ao mirar cada
letra do cartón, a relacionen coa pinza correspondente.
7. Ruleta dos números: Como no exercicio anterior, aquí tamén necesitaremos
dividir un círculo de cartón ou cartolina en 10 partes correspondentes aos
números do 1 ata o 10, e cada espazo deberá presentar un número variable de
círculos, cadrados ou estrelas (como é o caso da imaxe), para que os nen@s os
conten. Despos, deberán buscar dentro dun conxunto de pinzas con números, o
número correspondente.
Recoméndase
seguir a serie numérica pois aínda son moi pequechiños para relacionar, sen
levar unha orde, un número cun elemento.
8.Números
I: Neste
caso, volvemos a necesitar un cartón, un rotulador e pinzas. Esta actividade é
un pouco máis complexa que a anterior, polo que senón son capaces de levala a
cabo non pasa nada, hai que darlles tempo.
Así, en 5 cartóns imos escribir
en cada un deles os números do 1 ao 5. Despois, vamos a pedir que os
identifiquen e os nomeen en voz alta. A continuación e xa tendo as pinzas,
pedímoslles que as poñen nos círculos correspondentes, é dicir, a pinza do
número 1 co círculo que teña o número 1.
9.Número
II: Igual
que no caso anterior, necesitamos círculos ou cadrados cos números do 1 ao 5
que os nen@s deberán manipular e entender para poñerlle o número de pinzas
correspondente. Aquí un exemplo:
10.A máis fundamental
de todas as actividades que se presentan, que os nen@s axuden na tarefa de
colgar a roupa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario