Dado que a educación emocional é unha tarefa pendente na
sociedade e que debemos comezar a traballar e interiorizar dende idades
temperás, o conto de O monstro de cores pode ser un interesante recurso para
iniciar esta aprendizaxe, pois o seu contido resulta facilmente comprensible
para todo o alumnado.
Sabendo que moitos pais/nais non tedes esta historia no
fogar, aquí vos deixamos en enlace de Youtube co conto narrado e mais unha
lista de actividades que podedes desenvolver cos máis pequenos/as durante esta
semana.
ACTIVIDADES: (Trala súa lectura)
1.Reflexionamos: Reflexión sobre as emocións que coñecemos: Rabia,
alegría, enfado, medo, tristeza ... Así, podemos facerlles preguntas tipo:
¿Cómo te sentes hoxe? ¿Cómo está papá? ¿Cómo está mamá? ¿Cando nos enfadamos?
¿Cando nos poñemos contentos? ¿Por qué?
2.Pintar: Nun folio en branco, dirémoslles ós nenos/as que pinten
as emocións da cor que queiran. Non temos porque pintarlles nada en concreto,
senón que pode ser unha creación abstracta no que o máis importante, será a cor
escollida para cada emoción. Ademais, este exercicio pode axudar ós cativos/as
a descargar enerxía.
3.Tarros
das emocións: Se tedes
botes baleiros (de iogur, de cenoria raiada, de olivas …), podedes facer que os
nenos/as os decoren como eles/as queiran para identificar, a continuación e en
cada un deles, unha emoción distinta. Así, cada día podemos preguntarlles cal é
a emoción que están a experimentar nese momento e dependendo do contestado,
meter unha boliña dentro (se tedes pompóns, podemos utilizar recurso). Ó final
da semana, revisaranse todos os botes e expoñerase qué emoción foi a máis
vivida ao longo de todos os días anteriores. Por suposto, compre tamén
preguntarlles cada día o porqué da súa emoción.
4.Diccionario
das emocións: Para esta
tarefa podemos sacar fotografías dos nenos/as, con axuda do móbil, expresando e
representando algún dos sentimentos recollidos no conto. Os nenos/as, logo,
deben ollalas e indicar qué emoción estaba a manifestar nese momento. Se tedes
impresora, tamén podedes buscar, a maiores, fotografías doutros nenos/as con
estas emocións e crear un panel ou un libro dos distintos sentimentos.
5.Debuxamos: Precisamos un folio, un rotulador e un espello. Así, o
neno/a, logo de mirarse no espello, deberá pintarse. Por exemplo, pode facer un
debuxo de si mesmo logo de representar coa súa cara unha emoción de sorpresa e
despois outro representando a tristeza.
6.Mímica: Ensinándolles por exemplo distintos emoticonos extraídos
da rede ou mesmamente de WhastApp, os nenos/as deben imitar esas accións e os
pais/nais intentar recoñecelas. Unha vez feitas un gran número de actuacións
mímicas, podemos facelo á viceversa, os pais imitar e o neno/a que descubra a
emoción que esconde.
7.Vídeo sobre o
coronavirus: Aquí un vídeo tamén de O monstruo de cores onde
se explica o COVID-19 cunha linguaxe clara e comprensible ós máis pequenos/as
para que o entendan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario