lunes, 27 de abril de 2020

TALLER DE CORES

A continuación, preséntanse unha serie de actividades para iniciarse e afondar no estudo das cores, especialmente das primarias (vermello, azul e amarelo), para desenvolver durante este período complexo que estamos a vivir. Son experimentos sinxelos, divertidos, que realmente precisan de poucos recursos e que se poden atopar con facilidade no fogar. Estas son as propostas:

1. Xeos de cores: Para realizar esta primeira actividade, o día anterior e nos recipientes onde se forma e garda o xeo no conxelador, debemos colocar auga e colorante alimentario para facer diferentes tonalidades. Para poder collelos ó día seguinte sen mancarnos (hai que lembrar que agarrar xeo durante un anaco grande, aínda que sexa en forma de cubiños pequenos, pode danar os dedos) debemos colocar paos dos xeos de maneira vertical. Así, con axuda dun folio ou cartolina branca, poderemos debuxar calquera forma ou figura que se desexe.







2. Un mundo de cores: Valéndonos de papeis de cores transparentes (facilmente atopables en calquera papelería), debemos saír ó exterior da casa para observar a natureza e o ceo. Destacar que esta tarefa é moi sinxela de realizar (non se necesitan máis recursos) e que ademais, aporta grandes resultados nos nenos/as, pois interesaranse moito polo feito de que a través de diferentes papeis se poidan ver realidades individuais e distintas.









3. Leite de cores: Para esta actividade debemos empregar un prato, un pincel, unha cantidade pequena de xabón, leite (a poder ser enteira) e colorante alimentario de diferentes cores. 


A súa realización consiste en verter no prato un pouco de leite e no seu centro, unhas cantas gotas de cada un dos colorantes alimentarios. Despois, debemos mollar o pincel no xabón para, a continuación, colocalo verticalmente no centro, xusto onde están dispostas as cores. A reacción que se xera é que as cores sairán disparadas formando un auténtico abano de tonalidades.


Engadir que no seguinte vídeo se ve mellor esta reacción e por suposto que, a canta máis cantidade de colorante alimentario, máis cores se formarán e máis vistosa será a actividade:






4.Lámpada de lava: Para realizar este cuarto experimento, unicamente necesitamos aceite, dúas pasillas efervescentes, auga, un recipiente a poder ser de cristal para ver o momento, e colorante alimentario de diferentes cores. 
En primeiro lugar, debemos botar no bote ou no elemento que se empregue para realizar a actividade, auga e aceite. A continuación, botar tres gotas de colorante da cor que se desexe. Finalmente e dun xeito rápido, as dúas pastillas efervescentes. Desta maneira e utilizando a observación, veremos que o aceite e a auga non reaccionan con isto, senón que se mostran independientes, formando unha auténtica lámpada de lava. Para acompañar a actividade, podemos valernos tamén de luz (pode ser a lanterna do móbil) e unha caixa para observar como se forman as burbullas propias da pastilla efervescente. 
O experimento pode verse tamén no seguinte vídeo:




5. Mestúranse as cores? Colorinchos: Para rematar, unha nova tarefa para comprobar cómo a partir dun sinxelo experimento, as cores non poden mesturarse nun recipiente. Para iso precisamos azucre, auga de distintas cores (imos a usar amarelo, verde, verde e azul), unha xeringa, unha culler e un vaso de cristal pequeno. 
Así, colocamos a auga en catro copas distintas e valéndonos da culler botamos 6 culleradas de azucre a cor amarela, 4 á vermella, 2 á verde e ningunha á azul, e remecemos a mestura. Logo coa xeringa, procederemos a engadir nese vaso de cristal, en primeiro lugar, a auga amarela, despois a vermella, a verde e, finalmente, a azul. É dicir, seguindo a mesma orde de colocación do azucre. Así, deste xeito, comprobaremos que cada cor se mantén intacta e que non se produce ningunha mestura de tonalidades. 
Experimento divertido, limpo e rápido de levar a cabo. O seguinte vídeo así o demostra: 


No hay comentarios:

Publicar un comentario