sábado, 16 de abril de 2022

XOGOS DE PSICOMOTRICIDADE

A continuación, preséntanse unha serie de xogos, concretamente 4 deles, para traballar distintos obxectivos e contidos vinculados directamente coa psicomotricidade infantil. Estes exercicios están pensados para realizarse na sala de multiusos ou no ximnasio da escola contando sempre, por suposto, coa protección e o asesoramento do titor/a da aula ou do especialista de Educación Física. Son os seguintes: 

1. TOCAR E PARAR: Para 3, 4 e 5 anos

Este xogo será levado a cabo polo alumnado en gran grupo, no que un/unha del@s será o responsable de "pillar" ó resto dos compañeir@s, que correrán libremente por todo o espazo. Cando un dos nen@s sexa tocado, este pasará a "pillar", mentres que o primeiro alumn@ pasará a ser perseguido. O importante desta actividade, polo tanto, é escapar do que "pilla" e non perder a atención para saber se fuche tocado ou non. 

Outras variantes deste xogo pode ser que o que "pilla" debe tocar unha parte corporal concreta dos compañeir@s (a espalda, un brazo, un pe ...); que sexan dous infantes os que pillen; que se delimite o espazo facendo que os máis cativ@s teñan que buscar ocos máis agochados para escapar ... 

Obxectivos: Seguir o fío do xogo e buscar unha estratexia persoal para escapar

Contidos: Relación espazo-temporal; coñecemento do esquema corporal; cambios de rol ao longo do exercicio

2. O CROCODILO: Para 3, 4 e 5 anos

Ao igual que na situación anterior, este xogo tamén será feito por todo o alumnado en conxunto. Elixirase a un compañeir@ que será o crocodilo, cuxa responsabilidade será desplazarse por todo o espazo a catro patas, mentras que o resto dos nen@s moverase libremente en posición bípeda. Así, cando un alumn@ sexa tocado (mordido) polo crocodilo, este tamén se convertirá neste animal, axudando ó primeiro a conseguir moitos amig@s. O número de perseguidores irá aumentando, polo tanto, o que dificultará cada vez máis a tarefa dos perseguidos. 

Obxectivos: Realizar persecucións en condicións desfavorables; esquivar varios peligros, como son os perseguidores

Contidos: Relación espazo-temporal; axilidade


3. O XOGO DOS BARCOS: Para 3, 4 e 5 anos

Todo o alumnado poderá xogar a este exercicio onde se colocarán, en primeiro lugar, pegados a unha das paredes da estancia, que será o barco do que parten os nen@s cara ó mar. Despois, deberán correr e chegar á parede de enfronte (o outro barco) ao oír unha sinal feita polo docente (un pito, un golpe de tambor ...). Os cativ@s repetirán esta acción, correr dun barco ó outro o máis rápido posible, esquivando ó tiburón que se atopa agochado no chan do ximnasio ou da sala de multiusos. 

Outras variantes desta actividade poden ser trasladarse dun barco a outro en diferentes posicións: de cuclillas, a catro patas, nadando, saltando ...

Obxectivos: Percibir a proximidade dun mesmo cara outro obxecto; prestar atención 

Contidos: Atención; concentración; velocidade de reacción


4. CARREIRA DE ANIMAIS: Para 3, 4 e 5 anos

Os nen@s colocaranse pegados á parede para iniciar unha carreira imitando os movementos de distintos animais ditos polo profesor/a, intentando chegar á parede contraria. Así, os estudantes poden facer saltos de pe (como os canguros), saltos agochados (como unha ra ou un sapo), andando rápido (como unha avestruz), a catro patas (como un gato ou un can), reptando (coma as serpes) ... 

Obxectivos: Adaptar os movementos do propio corpo á velocidade, frecuencia e modalidade do desprazamento; imitar os desprazamentos propostos; traballar o esquema corporal

Contidos: Coordinación dinámica xeral; diferentes tipos de desprazamentos 



No hay comentarios:

Publicar un comentario