Co obxectivo de seguir afondando na lecto-escritura infantil, destacamos esta actividade consistente en analizar unha palabra indicando as súas letras, as súas sílabas, a súa escritura e o seu debuxo. A tarefa culmina engadindo tres palabras que empecen pola mesma vogal ou consoante que a palabra protagonista.
Neste caso e durante a asemblea, @ encargad@ do día é o responsable de buscar dentro do sobre co seu nome a palabra que se vai a traballar nesa xornada, guiando ó resto dos seus compañeir@s no seu estudo, contribuíndo a que este sexa un intre lúdico e compartido por tod@s.
Pode partirse para levar a cabo esta actividade dun centro de interese concreto que se estea a traballar, da letra ou sílabas que se estean a estudar nese momento, dunha historia contada por un alumn@, dun taller, dunha actividade complementaria ..., pois calquera momento pode ser o indicado para iniciar e desenvolver esta acción.
No hay comentarios:
Publicar un comentario