viernes, 29 de abril de 2022

ACTIVIDADES DE LÓXICA-MATEMÁTICA DA PRIMAVERA

Como na entrada anterior, neste caso presentamos unha serie de actividades para traballar a lóxica-matemática enfocadas na estación da primavera, onde nos atopamos series, diferenzas, conteo ou sumas. 














ACTIVIDADES DE LECTO-ESCRITURA DA PRIMAVERA

A continuación preséntanse unha serie de actividades/fichas para facer co alumnado de Educación Infantil sobre a estación da primavera. Nas mesmas, trabállase directamente a lecto-escritura a través de tarefas divertidas onde se reinventan os "tradicionais" xogos de mesa e lecer que gustan especialmente ós máis pequen@s. 













sábado, 16 de abril de 2022

XOGOS DE PSICOMOTRICIDADE

A continuación, preséntanse unha serie de xogos, concretamente 4 deles, para traballar distintos obxectivos e contidos vinculados directamente coa psicomotricidade infantil. Estes exercicios están pensados para realizarse na sala de multiusos ou no ximnasio da escola contando sempre, por suposto, coa protección e o asesoramento do titor/a da aula ou do especialista de Educación Física. Son os seguintes: 

1. TOCAR E PARAR: Para 3, 4 e 5 anos

Este xogo será levado a cabo polo alumnado en gran grupo, no que un/unha del@s será o responsable de "pillar" ó resto dos compañeir@s, que correrán libremente por todo o espazo. Cando un dos nen@s sexa tocado, este pasará a "pillar", mentres que o primeiro alumn@ pasará a ser perseguido. O importante desta actividade, polo tanto, é escapar do que "pilla" e non perder a atención para saber se fuche tocado ou non. 

Outras variantes deste xogo pode ser que o que "pilla" debe tocar unha parte corporal concreta dos compañeir@s (a espalda, un brazo, un pe ...); que sexan dous infantes os que pillen; que se delimite o espazo facendo que os máis cativ@s teñan que buscar ocos máis agochados para escapar ... 

Obxectivos: Seguir o fío do xogo e buscar unha estratexia persoal para escapar

Contidos: Relación espazo-temporal; coñecemento do esquema corporal; cambios de rol ao longo do exercicio

2. O CROCODILO: Para 3, 4 e 5 anos

Ao igual que na situación anterior, este xogo tamén será feito por todo o alumnado en conxunto. Elixirase a un compañeir@ que será o crocodilo, cuxa responsabilidade será desplazarse por todo o espazo a catro patas, mentras que o resto dos nen@s moverase libremente en posición bípeda. Así, cando un alumn@ sexa tocado (mordido) polo crocodilo, este tamén se convertirá neste animal, axudando ó primeiro a conseguir moitos amig@s. O número de perseguidores irá aumentando, polo tanto, o que dificultará cada vez máis a tarefa dos perseguidos. 

Obxectivos: Realizar persecucións en condicións desfavorables; esquivar varios peligros, como son os perseguidores

Contidos: Relación espazo-temporal; axilidade


3. O XOGO DOS BARCOS: Para 3, 4 e 5 anos

Todo o alumnado poderá xogar a este exercicio onde se colocarán, en primeiro lugar, pegados a unha das paredes da estancia, que será o barco do que parten os nen@s cara ó mar. Despois, deberán correr e chegar á parede de enfronte (o outro barco) ao oír unha sinal feita polo docente (un pito, un golpe de tambor ...). Os cativ@s repetirán esta acción, correr dun barco ó outro o máis rápido posible, esquivando ó tiburón que se atopa agochado no chan do ximnasio ou da sala de multiusos. 

Outras variantes desta actividade poden ser trasladarse dun barco a outro en diferentes posicións: de cuclillas, a catro patas, nadando, saltando ...

Obxectivos: Percibir a proximidade dun mesmo cara outro obxecto; prestar atención 

Contidos: Atención; concentración; velocidade de reacción


4. CARREIRA DE ANIMAIS: Para 3, 4 e 5 anos

Os nen@s colocaranse pegados á parede para iniciar unha carreira imitando os movementos de distintos animais ditos polo profesor/a, intentando chegar á parede contraria. Así, os estudantes poden facer saltos de pe (como os canguros), saltos agochados (como unha ra ou un sapo), andando rápido (como unha avestruz), a catro patas (como un gato ou un can), reptando (coma as serpes) ... 

Obxectivos: Adaptar os movementos do propio corpo á velocidade, frecuencia e modalidade do desprazamento; imitar os desprazamentos propostos; traballar o esquema corporal

Contidos: Coordinación dinámica xeral; diferentes tipos de desprazamentos 



miércoles, 13 de abril de 2022

CANCIÓNS SOBRE A PRIMAVERA

Para seguir traballando a primavera, a continuación preséntanse unha selección de cancións e bailes que poden axudar a seguir coñecendo esta estación. Nesta compilación mestúranse ritmos movidos, válidos para o traballo diario na aula, na sala de multiusos ou no ximnasio da escola, como máis tranquilos, especiais para a hora do conto, na asemblea ou como intre de relaxación logo do recreo ou do comedor. 

https://www.youtube.com/watch?v=qYEooPeyz5M

https://www.youtube.com/watch?v=GrRent93tko

https://www.youtube.com/watch?v=h_NQSyEcP94

https://www.youtube.com/watch?v=mTs-NcR_9o0

https://www.youtube.com/watch?v=3QlOogS3UCg

https://www.youtube.com/watch?v=O5QbBLtFobg

https://www.youtube.com/watch?v=eFZsUKt_3g8

https://www.youtube.com/watch?v=MuLHfNXP0C8

https://www.youtube.com/watch?v=50uQz3Vh3Pg

https://www.youtube.com/watch?v=eYePAG7MID8

BINGO DE SÍLABAS

Tomando como exemplo a actividade de lecto-escritura anterior, o bingo de letras, neste caso presentamos un bingo de sílabas para seguir afondando neste ámbito. O seu desenvolvemento é similar a outra tarefa, é dicir, escoitar a sílaba e colocar pequenos anacos de plastilina ou papeliños enriba da grafía. @ primeir@ que estea atento e cubra todas as sílabas gaña a partida. 

















Idea e webgrafía de:  https://mungfali.com/page/D55C2B86802983E20C44AA3327302519CEC1C5BC/silabas_para_imprimir


lunes, 11 de abril de 2022

BINGO DE LETRAS

 A continuación preséntanse unha serie de tarxetas, perfectamente válidas para plastificar, coas que os alumn@s poderán xogar a este tradicional xogo enfocado, neste caso, no coñecemento das vogais e consonantes maiúsculas. O seu emprego é moi sinxelo, pois unicamente se precisa este recurso e mais anacos pequenos de plastilina para tapar as letras ditas polo docente ou un compañeir@ de clase. @ primeir@ en recoñecer e cubrir cada vocablo gaña a partida. 





Idea e webgrafía de https://kit-kat-tic.blogspot.com/2020/11/bingo-de-letras-mayusculas.html