viernes, 5 de junio de 2020

PROPOSTAS PARA TRABALLAR O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Continuando coa temática de estudo que nos compete estos días, o respecto e coidado do medio ambiente, deseguido preséntanse un total de 10 propostas/experimentos/actividades para facer cos máis pequen@s no fogar e unha vez que nos incorporemos ás aulas. Son exercicios sinxelos, que non teñen porque desenvolverse exclusivamente durante estas datas, senón que pode ser interesante facer desta nova aprendizaxe un hábito común a realizar durante todo o curso. 

Polo tanto, a educación ambiental ofrece, dende idades temperás, beneficios como o aumento da curiosidade, creatividade e imaxinación infantil; aproxima aos nen@s ao seu contorno natural máis achegado, xerando conciencia e empatía polo seu respecto; ou favorece estilos de vida totalmente saudables. Así pois,  a continuación amósanse os seguintes xogos:

1.HORTO ESCOLAR: Como recurso educativo cada vez máis presente nas escolas, os hortos escolares permiten aos escolares probar, experimentar e aprender facendo en contacto directo coa natureza. A partir da súa xeración, os alumn@s familiarizaranse coa época propia de cultivo de cada alimento e planta, cos seus coidados ou saber qué produtos son típicos da zona e cales non. Son moitas as maneiras de crear este espazo, polo que a súa organización dependerá das sementes que se queiran cultivar e das dimensións da zona escollida para o seu establecemento. 





2. CONTEDORES: Para a aproximar o concepto de reciclaxe e contaminación, pode ser interesante que os cativ@s inventen este recurso na/para a aula, a través de materiais como poden ser cartóns, témperas, neumáticos ou botellas de plástico reutilizables. Como na actividade anterior, neste caso tampouco existe un recurso específico para a súa creación, senón que poden ser múltiples as opcións neste sentido. Aquí deixamos tres exemplos caros, que axudarán a cada nen@ a saber que a cada envase, distinto pola súa cor, lle corresponde un determinado material (azul: papel // amarelo: plástico ...).





3. PANEL CON NORMAS PARA AFORRAR AUGA: Este é un exemplo de panel que se pode facer na casa ou na aula, todo o alumnado en conxunto ou de forma individual, aínda que tamén existen outras posibilidades como a xeración de carteis con regras sobre a reutilización do plástico, a conservación dos océanos e ríos ou a invención de accións encamiñadas cara a non contaminación. 
Esta imaxe pode ser un panel perfectamente válido e entendible para os máis pequen@s, e recurso que deberá estar totalmente visible para tod@s.

No mesmo inclúense normas como pechar a villa de auga para non malgastar este ben tan prezado, duchase en vez de bañarse, acumular suficientes prendas para non abusar da lavadora ou regar as plantas polas noites. 


4. UN DÍA SEN COCHE: Para reducir os niveis de contaminación, o nen@ pode propoñer aos seus pais que durante toda unha xornada o único medio de transporte a usar sexa un vehículo non contaminante, por exemplounha bicicleta. Incluso esta acción, se non existe ningún incoveniente ó respecto, pode chegar a converterse nun hábito semanal para así, paulatinamente, contribuir á reducción de gases nocivos para o medio ambiente. 



5. PESCAMOS O PLÁSTICO: Co obxectivo de axudar a que non haxa e se acumule plástico nas nosas praias e ríos, aproveitando o bo tempo que imos a comezar, os cativ@s pode crear unha especie de "cazabolboretas" para "pescar" todos eses residuos innecesarios. Para elo, serán necesarios un anaco pequeno de fío para xuntar un pao de tamaño mediano e mais unha rede. Esta imaxe pode axudar na súa confección:



6. O MONSTRO DO TAPÓNS: Novamente para abarcar o tema doreciclaxe, neste caso, dos tapóns de botellas, recoméndase a elaboración dun contedor, en forma de monstruo, para que os nen@s introduzan no seu interior distintas tapadeiras. Precisamos,entón, botellas de plástico reutilizables grandes (a maior dimensión, maior será o contedor) e materiais funxibles como cartolinas, folios de cores, rotuladores ou ceras para inventar o monstro. Igualmente, tamén será necesaria a axuda dun adult@ para facer cun coitelo ou un cúter a boca do monstruo, que se usará como entrada dos tapóns a reciclar. 



7. FILTRO PARA LIMPAR A AUGA: Para explicar máis detidamente esta nova actividade, preséntase este enlace a Youtube onde xa se recollen os materiais necesarios para levar a cabo este experimento e os pasos para o seu desenvolvemento. https://www.youtube.com/watch?v=nLwKY58CdNcç



8. EXPERIMENTOS CON ENERXÍA SOLAR: Tamén como no caso anterior, este novo vídeo amosa o feito de porque a luz do sol, reflexada nunha lupa, queima un anaco de papel pintado de cor negra, mentres que o anaco de cor branca queda igual. https://www.youtube.com/watch?v=GYYf7ihQHEw




9. COMPOST: Para a realización deste recurso, os nen@s precisarán, inicialmente, un recipiente que actúe como composterio, como pode ser un bidón grande de plástico, tarros de plantas ou caixas de madeira. A continuación, os máis pequen@s deberán ir introducindo no seu interior diferentes capas de produtos ou desfeitos como poden ser as mondas de patacas, ramas e follas secas, cáscaras de ovo, grans de café ... (é recomendable ir mesturando capas de productos verdes ou húmidos con outros máis secos). Finalmente, os nen@s tamén deberán ocuparse do seu coidado regándoo cada certo tempo e intentando que, na medida do posible, todas as capas queden o suficientemente húmidas.




10. XABÓN CON ACEITE RECICLADO: Para a realización deste derradeiro experimento, no que se deberá contar coa axuda dun adult@, a continuación preséntase o seguinte vídeo cos materiais necesarios, as medidas adecuados e os pasos para a súa creación. https://www.youtube.com/watch?v=tS87Qcpmeew


No hay comentarios:

Publicar un comentario